O proxecto de Mestrelab Research arrancou no ano 2004 como unha spin-off da Universidade de Santiago e dende entón a evolución do seu software para investigación bioquímica permitiulle situarse como unha das principais empresas do sector no ámbito internacional. Hoxe en día conta con preto de 60 empregados (43 en Galicia) despregados en tres continentes. Un dos últimos fitos...
De esquerda a dereita, Pablo Mosquera e Inmaculada Rodríguez Cuervo (Unirisco) xunto a Alejandro Ramos, Álvaro Porto e Javier Toja (InVerbis). Foto: Andrés Ruiz / CiTIUS.
A start-up InVerbis Analytics, empresa de base tecnolóxica xurdida da investigación realizada no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS), recibirá un importante impulso para desenvolver a súa plataforma de minería de procesos, que permite identificar, medir e monitorizar o potencial de mellora dos procedementos e operacións en calquera tipo de organización. Unirisco, a primeira sociedade de...
A empresa achégase á medicina personalizada ao proporcionar indicadores de diagnose por métodos non invasivos, mediante reconstrución de imaxes TAC e modelos de dinámica de fluxo. Foto: Santi Alvite / USC.
FlowReserve Labs, unha spin-off da USC e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (FIDIS), será o único proxecto español na fase final da Competición Internacional de Innovación e Emprendemento de China Taihu (CTIIEC). Logo dun proceso de selección entre máis de mil proxectos en todo o mundo, a empresa competirá por lograr un dos premios desta edición,...