As candidaturas presentadas por empresas e grupos de investigación para a VI edición del Premios Spin-Off PuntoGal distínguense pola variedade de sectores entre os que se atopan a biotecnoloxía, a intelixencia artificial e as novas técnicas para avanzar no diagnóstico de enfermidades. Un total de sete empresas e tres grupos de investigación, todos eles conectados coas universidades galegas, aspiran...
A organización dos VI Premios Spin-Off PuntoGal ampliou o prazo de presentación de candidaturas para estes galardóns que distinguen as empresas e grupos de investigación máis innovadores. O prazo estará aberto ata as 18:00 horas do venres 30 de setembro.  Os interesados en participar nesta próxima edición dos premios poden presentar as súas candidaturas a través do seguinte formulario: i.gal/so22,...
O Dominio PuntoGal e o portal GCiencia veñen de convocar a sexta edición dos Premios Spin-Off PuntoGal, que recoñecen as iniciativas mais innovadoras xurdidas no ámbito das tres universidades públicas galegas. As empresas e grupos de investigación interesados en participar poderán presentar as súas candidaturas ata o próximo 15 de setembro. A Secretaria Xeral de Universidades da Xunta e...
Integrantes do grupo LBD no acto de entrega dos Premios Spin-Off PuntoGal. Foto: Anxo Iglesias
A traxectoria do grupo de investigación Laboratorio de Bases de Datos (LBD), adscrito á Universidade da Coruña, é un exemplo de como dende Galicia pode levarse a cabo unha labor investigadora constante e que ofreza dende o inicio resultados concretos nun apartado tan especializado como as tecnoloxías de bases de datos e sistemas de información. A procura permanente da...
Foto de familia dos premiados e autoridades asistentes ao acto dos V Premios Spin-Off PuntoGal. Foto: Anxo Iglesias
As empresas Mestrelab Research e Alice Biometrics e o grupo de Investigación Laboratorio de Base de Datos (LBD) recibiron hoxe no Paraninfo da Universidade da Coruña (UdC) os galardóns correspondentes á V edición dos Premios Spin-Off PuntoGal, que distingue as empresas e grupos máis innovadores da economía e da rede de investigación galegas. A necesidade de apostar pola innovación,...
O proxecto de Mestrelab Research arrancou no ano 2004 como unha spin-off da Universidade de Santiago e dende entón a evolución do seu software para investigación bioquímica permitiulle situarse como unha das principais empresas do sector no ámbito internacional. Hoxe en día conta con preto de 60 empregados (43 en Galicia) despregados en tres continentes. Un dos últimos fitos...
O Paraninfo da Universidade da Coruña (UDC) será o escenario o vindeiro martes, 16 de novembro, do acto de entrega dos Premios Spin-Off PuntoGal que este ano acadan a súa quinta edición. Autoridades institucionais e representantes do mundo empresarial e da universidade teñen anunciada a súa asistencia a un acto que servirá para distinguir aos proxectos máis innovadores do...
A spin-off viguesa Alice Biometrics, nacida a mediados de 2019, converteuse en moi pouco tempo nunha das líderes do mercado español de recoñecemento facial en remoto e aspira a tomar posicións no mercado europeo en moi pouco tempo. A compañía nacida dentro do centro de investigación Gradiant é a gañadora da V edición dos Premios Spin-Off PuntoGal na categoría...
A spin-off da USC Mestrelab Research (Selo de Calidade), a start-up viguesa Alice Biometrics (Idea Emerxente) e o grupo Laboratorio de Bases de Datos (Grupos de Investigación) resultaron elixidos gañadores, nas súas respectivas categorías, polo xurado da V edición dos Premios Spin-Off PuntoGal, que se reuniu a semana pasada en Santiago. O elevado nivel das propostas presentadas foi un dos...
Entrega Premos Spin-Off Puntogal.
Catro empresas innovadoras en sectores moi competitivos son as candidatas a obter o galardón á mellor Idea Emerxente nos V Premios Spin-Off PuntoGal. Este apartado dos premios recoñece a aquelas compañías de recente creación que están a destacar pola posta en marcha dun proxecto especialmente innovador nos últimos tempos. A alta calidade das propostas e a diversidade das mesmas...