De esquerda a dereita, Pablo Mosquera e Inmaculada Rodríguez Cuervo (Unirisco) xunto a Alejandro Ramos, Álvaro Porto e Javier Toja (InVerbis). Foto: Andrés Ruiz / CiTIUS.
A start-up InVerbis Analytics, empresa de base tecnolóxica xurdida da investigación realizada no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS), recibirá un importante impulso para desenvolver a súa plataforma de minería de procesos, que permite identificar, medir e monitorizar o potencial de mellora dos procedementos e operacións en calquera tipo de organización. Unirisco, a primeira sociedade de...