A empresa achégase á medicina personalizada ao proporcionar indicadores de diagnose por métodos non invasivos, mediante reconstrución de imaxes TAC e modelos de dinámica de fluxo. Foto: Santi Alvite / USC.
FlowReserve Labs, unha spin-off da USC e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (FIDIS), será o único proxecto español na fase final da Competición Internacional de Innovación e Emprendemento de China Taihu (CTIIEC). Logo dun proceso de selección entre máis de mil proxectos en todo o mundo, a empresa competirá por lograr un dos premios desta edición,...