PuntoGal comeza o curso con promoción nos rexistros de novos dominios

As persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo máximo de 10 euros máis IVE, entre o 15 e o 30 de setembro

PuntoGal quere celebrar a chegada do outono e o inicio do curso escolar cunha atractiva rebaixa no prezo dos novos dominios. Nos rexistradores sumados a esta promoción, as persoas interesadas poderán obter o seu .gal por un prezo máximo de 10 euros máis IVE. Os prezos rebaixados estarán vixentes desde o día 15 e ata o 30 de setembro.

Para poder aproveitar a promoción, é preciso dirixirse ás empresas rexistradoras Dinahosting, INWX, Don Dominio, Radia.Cloud, Openprovider, Arsys e OVH.com, que ofrecen distintas políticas de prezos e servizos con rexistro de dominios novos. PuntoGal recomenda visitar todas as páxinas das empresas participantes na promoción e atopar a que se adapte mellor ás súas necesidades. Toda a información atópase nesta ligazón.

PuntoGal, que xa supera os 6.000 dominios rexistrados, segue traballando para que todas aquelas persoas, asociacións, institucións e empresas que queiran visibilizarse na rede como parte da comunidade galega poidan facelo cun prezo competitivo.

O dominio ampliou o seu programa corporativo de apoio a iniciativas relacionadas coa lingua, a cultura e as TIC en Galicia. Entre as últimas actividades realizadas figura a colaboración coas Galescolas de fútbol gaélico e o patrocinio do programa de Twitch de divulgación científica en galego Balea Vermella. O dominio forma parte, igualmente, da Asociación internacional de dominios Geotlds, que vén de retomar as súas reunións presenciais esta semana en Alemaña con participación de PuntoGal, ademais de estar integrado no RYSG Group e manter unha presenza activa nas actividades da ICANN, organismo internacional que xestiona a rede a nivel mundial.

Máis información en www.dominio.gal ou no 670226268.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Insira aquí o teu nome