Estas son as 25 empresas intelixentes máis destacadas de 2020 en Galicia

O informe Ardán difunde a listaxe, elaborada polos catedráticos de Organización de Empresas Xosé H. Vázquez Vicente e Pablo Arocena Garro

A Cátedra Ardán da Universidade de Vigo presentou, un ano máis, a súa clasificación das empresas máis intelixentes de Galicia. O ránking baséase en diversos indicadores como a rendibilidade financieira, os salarios de eficiencia, as taxas de estabilidade, innovación, internacionalización ou igualdade de xénero ou o índice de descarbonizació, polo que representan exemplos de creación de valor e “capaces de xerar un crecemento sostible e inclusivo”.

As 25 empresas seleccionadas proceden de diversos sectores. Segundo destaca o informe, elaborado polos catedráticos de Organización de Empresas Xosé H. Vázquez Vicente (UVigo) e Pablo Arocena Garro (Universidade Pública de Navarra), “predominan empresas intensivas en coñecemento de tecnoloxía media”, aínda que tamén “coexisten empresas en actividades tecnoloxicamente estables onde a innovación e a apertura a novos mercados marca a diferenza entre o nuevo e o tradicional”.

En resumo, expón o documento, “non hai sectores máis ou menos intelixentes: son as empresas individualmente as que poden reflectir maior ou menor intelixencia”. Así, segundo os datos do informe, a “rendibilidade financieria das 25 empresas da listaxe cuadruplica á do conxunto das compañías galegas”, “duplican os salarios medios dos seus respectivos sectores”, “proporcionan unha maior estabilidade no emprego” e “dedican unha media do 6,4% da súa facturación á I+D+i.

As taxas de igualdade de xénero tamén son salientables respecto á visión xeral do panorama empresarial: a media de mulleres nos equipos directivos das 25 empresas do ránking é de práctica paridade (48,4%), fronte ao 25% que marcan estudos recentes realizados en Galicia. En canto á descarbonización, as compañías presentes no informe de Ardán xeran 3,4 veces máis valor engadido por cada tonelada de CO2 emitida.

Esta é a listaxe:

Igalia, compañía especializada en consultoría e desenvolvemento de software, repite respecto ao ano pasado como referencia na listaxe. A compañía, formada en 2001 por egresados da Universidade da Coruña, baséase en tres pilares conformados polos seus fundadores: un modelo horizontal na toma de decisións, o o software libre como leit motiv do negocio e unha clara orientación a tecnoloxías punteiras e innovadoras.

No segundo chanzo do podio está Showa Denko, anteriormente SGL Carbón, factoría da Coruña dedicada á produción de electrodos de grafito usados na industria siderúrxica para a fundición de aceiro. O terceiro posto é para Rodicut Industry, que desenvolve produtos de poliuretano para sectores como a minería, a aeronáutica, automoción, ferrocarril, obra pública, equipamentos industriais ou maquinaria agrícola.

Podes consultar o ránking Ardán nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Insira aquí o teu nome