A bióloga e divulgadora científica Andrea Muras será parte do xurado dos V Premios Spin-Off PuntoGal.
A bióloga e divulgadora científica Andrea Muras será parte do xurado dos V Premios Spin-Off PuntoGal.

A bióloga e divulgadora Andrea Muras incorpórase ao xurado dos Premios Spin-Off PuntoGal

O prazo de presentación de candidaturas aos galardóns está aberto ata o 15 de setembro

A bióloga e divulgadora científica Andrea Muras incorporouse ao xurado dos premios Spin-Off Punto Gal que neste ano celebran a súa quinta edición. Deste xeito, Muras formará parte dun xurado no que xa figuran tamén as investigadoras Edita de Lorenzo e Sonia Martínez Arca, a CEO da empresa Galchimia, Carme Pampín, e o xefe de servizo de Planificación e Estruturación da Investigación na Xunta de Galicia, Faustino Infante Roura. As candidaturas para os premios poden presentarse ata o vindeiro 15 de setembro.

Andrea Muras é licenciada en Bioloxía e conta cun máster en Biotecnoloxía e outro en Cultura Científica. Nos últimos anos compaxinou a realización da súa tese sobre a comunicación das bacterias con actividades de divulgación científica. En 2018 creou o seu proxecto persoal “Ciencia Miúda” para falar de ciencia a través das redes sociais e publicar artigos de divulgación no seu blog.

Os outros membros do xurado xa formaron parte do mesmo na edición 2020. Carme Pampín é unha das fundadoras e actual CEO da empresa Galchimia, referente internacional en química orgánica. Edita de Lorenzo é profesora na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo e autora de numerosas publicacións científicas.

Pola súa banda Sonia Martínez Arca liderou a posta en marcha de Axencia de Coñecemento en Saúde (Acis) e actualmente é a CEO da empresa bioquímica Celtarys. Faustino Infante Roura e funcionario do Corpo Superior Facultativo de Arqueólogos da Xunta e Xefe de Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación na Administración galega.

As empresas e grupos de investigación interesados en participar nestas dúas últimas categorías poderán enviar a súa candidatura á dirección de correo electrónico spinoff@dominio.gal, ou ben no formulario dispoñible na seguinte ligazón https://i.gal/spinoffV.

Xa que os premios teñen como obxectivo o recoñecemento do papel das universidades como motor da investigación no país, o xurado terá en conta na súa valoración cuestións como as patentes rexistradas, os artigos publicados en revistas de prestixio ou a participación en proxectos multidisciplinares de I+D+i. Ademais, salientaranse proxectos liderados por mulleres ou equipos onde a presenza da muller sexa relevante tanto en número coma en xerarquía.

Os gañadores dos Premios coñecéranse antes do 30 do outubro e a entrega dos galardóns terá lugar antes de final de ano nunha das principais cidades galegas

xurado realizará as súas deliberacións  tralo peche do período de recepción de candidaturas e os finalistas e gañadores nas diversas categorías (Selo de Calidade, Idea Emerxente e Grupos de Investigación) daranse a coñecer antes do 30 de outubro. O acto de entrega de premios celebrárase antes de que finalice o ano nunha das principais cidades galegas.

A evolución das distintas fases do Premio iranse detallando no novo microsite talentodegalicia.gal, un portal creado por GCiencia para dar a coñecer as novidades no mundo da innovación. Nesa sección recolleranse todas as noticias que xurdan en relación con estes Premios e coas empresas nadas no ámbito das universidades galegas. As bases dos premios están publicadas e pódense consultar nesta ligazón e na páxina web de PuntoGal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Insira aquí o teu nome